MARTES 17 DE FEBREIRO: DESFILE DE DISFRACES NA PEROXA
O desfile dará comezo ás 17:00 horas desde a Praza do Concello e estará amenizado pola Charanga Nova Trives. O concurso está aberto á participación de persoas de todas as idades, sexan ou non do municipio, sendo obrigatorio desfilar para optar aos premios. Establécense tres categorías: individual, parella e comparsas.
O Entroido da Peroxa repartirá un total de 1.375 euros en premios, destacando o primeiro premio á mellor comparsa, dotado con 450 euros.
As inscricións poderán realizarse no Concello ou o propio día do desfile antes do seu inicio. Desde o Concello anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta cita festiva, que combina tradición, creatividade e convivencia.