Que facer

 

 

 

A configuración do territorio da Peroxa é ideal para todo tipo de actividades ao aire libre, tales como rutas en moto, quad ou bici e rutas de senderismo. 

 

RUTAS SENDERISMO

Image
Sendeirismo
Image
Foto2

Sendeirismo

  1. Ruta do Miño PR-G 179 (ruta homologada, sinalizada segundo a FGM) 

    Esta ruta divídese en dous treitos ben diferenciados. O primeiro treito, desde A Peroxa ata Gulfariz, descende polo val seguindo o curso do regato Rial, cruzándoo en varios puntos. Trátase dun paseo moi agradábel que discorre baixo un bosque de ribeira. A pouco máis dun quilómetro desde a saída agárdanos o Castelo da Peroxa, situado nun promontorio desde o que se domina unha grande extensión de terreo. Pódese visitar desviándonos uns metros do sendeiro. No segundo treito, completamente chan, camiñaremos pola beira do río Miño, cunhas magníficas vistas sobre o río e os bancais ou “socalcos” nos que se cultiva a vide. O camiño discorre paralelo ao río e ás vías do tren. Ao final da ruta atoparemos a aldea dos Peares, que conta con todos os servizos e cunha praia fluvial.

  2. Ruta do Río Bubal

    De gran interese paisaxístico. Seguindo a marxe dereita do río ata Besteiros podemos descubrir a espectacular beleza dun río de alta montaña. Dous kilómetros antes de chegar a Besteiros podemos desviarnos ó pazo de Turbisquedo. Percorrido de 6 km. 

  3. Ruta cicloturista da Peroxa (ruta sinalizada con postes de madeira e sinais indicativas brancas e amarelas) 

    Un percorrido totalmente sinalizado de 23 quilómetros que discorre polos bosques de castiñeiros e carballeiras do concello. É un percorrido esixente que alterna subidas curtas e duras con tramos de baixada moi técnicos. A pesar de non ser un percorrido excesivamente longo, podemos cualificalo de duro polos tramos de ascenso e polo tipo de sinalización irregular. Está situado dentro da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel e conta con elementos patrimoniais a ter en conta como o Castelo de Fontearcada. Na páxina web do Concello, no apartado "Senda A Peroxa", pódese atopar o track da ruta e máis información. 

Piscinas

O Concello pon a disposición dos seus veciños e visitantes unhas piscinas a carón da Casa Consistorial. 

A apertura das Piscinas municipais efectúase no mes de Xullo. 

 

Ruta Gastronómica

 

Image
Imagen 1
Image
Imagen 2
Image
Imagen 3
Image
Imagen 4

FEIRA DA PEROXA 

Este evento é coñecido a nivel rexional pola sua Carne O´Caldeiro de Vitela, prato elaborado de igual forma que fai centos de anos, facendo que o seu sabor sexa apreciado por toda aquela persoa que ten a sorte de probala.

 É un dos pratos máis sabrosos e típicos de Galicia, pero dunha maneira moi especial na zona da Peroxa. A feira celébrase os días 13 e 27 de cada mes na capitalidade do Concello. Cando coinciden a domingo, pásanse o sábado anterior. 

Na súa orixe era co que se obsequiaban a todos aqueles mercantes que se acercaban ó castelo, lugar onde se celebraba a feira, para realizar as súas transaccións. Hoxe en día convertiuse nun lugar de reunión e confraternidade, onde comer un bo prato de carne acompañado da súa ración de pulpo á feira e súa copa de licor característica tamén destas terras. 

Históricamente esta tradición celebrábase nos aledaños do castelo da Peroxa, onde dende primeira hora da mañá chegaba a xente co seus productos, entre eles os terneiros dun peso inferior a 150 kg que sacrificaban e despezaban á vista de todos procedendo á elaboración de tan rico manxar. Esta tradición séguese mantendo nas súas características máis importantes, sendo hoxe en día a feira máis importante dentro da comarca, séguense asentando os típicos mercadillos de roupa calzado e outros variados obxetos, facendo delo un importante sustento económico para a zona. 

 

(Receta da Carne o Caldeiro de Vitela). 

Dificultad: media. Plato típico de la cocina tradicional Gallega, a base de carne cocida con patatas. Es muy sencillo, pero gracias al unto y al pimentón, adquiere un sabor muy especial. Ingredientes: 2kg de falda de ternera Patatas (la cantidad que se desee para acompañar de la carne) 100gr de unto (tocino blanco) Pimentón Sal gruesa

Elaboración- Pasos 

Paso 1: Cortar la carne en trozos unos 200gr. aproximadamente e introducirlos en una olla grande (mejor ancha y baja) con agua y un poco de sal. 

Paso 2: Luego, añadir el unto cortado en rodajas y dejar que se cueza lentamente. 

Paso 3: Cuando la carne esté casi cocida (se suele pinchar con el tenedor para saberlo), agregar las patatas troceadas y dejar hervir hasta que estén listas.

Paso 4: El agua se convierte en una especie de jugo gelatinoso. 

Paso 5: Finalmente, para servir, sacar la carne y las patatas de la olla y disponerlas en una fuente, espolvoreándolas con pimentón y un poco de sal gruesa.

Deportes

Polideportivo municipal Anxo Munín:

Situado na capital do Concello, constrúese no 1996. Eiquí xoga os seus partidos como equipo local A Peroxa fútbol sala feminino. O polideportivo está preparado para alberga-los partidos de distintas disciplinas: fútbol-sala, balonmán, baloncesto, tenis e voleibol. As instalacións inclúen seis vestiarios, dous almacéns de material deportivo, pista deportiva, gradas e unha taquilla.

Campo municipal de fútbol de O Marco:

Cerca da capital do municipio. Neste campo de fútbol entrénanse e xogan os seus partidos os equipos da Peroxa C.F,  e o  Atlético A Peroxa, que militan na primeira e na terceira rexional respectivamente. O campo consta de tres vestiarios, gradas, tunel de vestiarios, bar e almacén.

Image
Foto

 

Cancha de fútbol-sala Municipal de Os Peares:

Situada cerca do centro de Saúde de Os Peares. Nela xoga o equipo Os Peares de fútbol sala.

Polideportivo municipal de Corbelle:

No pobo de Corbelle, o cal pertenece á parroquia de Gueral. Conta con instalacións apropiadas para a práctica do fútbol e baloncesto.

Cancha en Armental:

Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto.

Cancha en Vilarrubín:

Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto, balonmán e voleibol.

Cancha do Campo da Saude:

Situada cerca do santuario da Virxe da Saúde.

Frontón:

Na praza do Concello.