Joomfish System Plugin not enabled

SAÚDO DO ALCALDE

Aproveitando a ocasión que nos brindan as novas tecnoloxías e o afán de superacón e de progreso que ten o noso Concello, emprego estas liñas para saudar a tódalas persoas que visitan a nosa páxina web.

Desexamos que este novo servizo de información que puxemos en marcha sirva para dar a coñecer o noso pobo dentro e fóra de Galicia, así como as nosas posibilidades turísticas.

Si se sinte atraído polas imaxes, a historia, a cultura e as posibilidades vacacionais e de negocio do noso municipio, o animo decididamente a que visite A Peroxa. Quedará gratamente sorprendido ó comprobar a nosa hospitalidade, a calidade dos nosos servizos e a beleza da nosa terra.

Un forte abrazo a todos.

Manuel Seoane Rodríguez