Joomfish System Plugin not enabled

 

 Alcalde

ALCALDÍA

Ó frente da Alcaldia atópase o Sr. D. Manuel Seoane Rodríguez (Partido Popular). Veciño da Peroxa e polo tanto coñecedor das súas problemáticas e necesidades.

Por outra banda, existe un Equipo de Goberno que se encarga da xestión deste municipio do noroeste de España.

A Casa do Concello componse dun único edificio que abarca tódalas necesidades que precisa este municipio.


 Concello A Peroxa 

 

EQUIPAMENTO ADMINISTRATIVO

A dotación deste tipo de equipamento limítase á Casa Consistorial, situada na capitalidade do municipio.

O edificio está composto por dous andares e mailo sótano.

Ó carón deste edificio atópanse a Almeda do Concello, o polideportivo municipal Anxo Munín, a piscina municpal e mailo novo Centro Cultural, que alberga o Museo Etnográfico, o Auditorio e maila Biblioteca municipal.

O Concello da Peroxa conta cunha serie se servizos cos que calquera veciño e visitante do municipio pode contar, nunha xornada laboral de luns a venres, entre as 09:00 e as 14:00 horas.

Estes servizos son:

SECRETARÍA

URBANISMO

SERVIZOS SOCIAIS (previa cita)

OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL

ORIENTACIÓN LABORAL

AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

Para calquera consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfono 988 206 614 en horario de oficina.