Joomfish System Plugin not enabled
Que facer na Peroxa: 

Na Peroxa podemos facer varias cousas desde rutas polo rio en catamaran, se te gusta pasear podrás facer sendeirismo ou se queres algo maís movido poderas facer deportes como o futbol ou un siselo fronton ,no obstante se te gusta a aventura e o risco este tamen é o teu sitio como poderas ver na sección de Turismo e aventura.

 

Deportes

 

Polideportivo Anxo Munín

O Concello conta con varias instalacións onde practicar diversos deportes como son:

 - Polideportivo municipal Anxo Munín:


Situado na capital do Concello, se construe no 1996. Eiquí xoga os seus partidos como equipo local A Peroxa fútbol sala feminino. O polideportivo está preparado para alberga-los partidos de distintas disciplinas: fútbol-sala, balonmán, baloncesto, tenis e voleibol. As instalacións inclúen seis vestiarios, dous almacéns de material deportivo, pista deportiva, gradas e uhna taquilla.

 O Marco

 -  Campo municipal de fútbol de O Marco:

Cerca da capital do municipio. Neste campo de fútbol (que está de reformas actualmente),  entrénanse e xogan os seus partidos os equipos da Peroxa C.F,  e o  Atlético A Peroxa, que militan na primeira e na terceira rexional respectivamente. O campo consta de tres vestiarios, gradas, tunel de vestiarios, bar e almacén.


 

 Cancha fútbol

-  Cancha de fútbol-sala Municipal de Os Peares:
Situada cerca do centro de Saúde de Os Peares. Nela xoga o equipo Os Peares de fútbol sala.

-  Polideportivo municipal de Corbelle:
No pobo de Corbelle, pertenece á parroquia de gueral. Conta con instalacións apropiadas para a práctica do fútbol e baloncesto.

-  Cancha en Armental:
Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto.

-  Cancha en Vilarrubín:
Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto, balonmán e voleibol.

-  Cancha del Campo da Saude:
Situada cerca do santuario da Virxe da Saude.

-  Frontón:
Na praza do Concello.

  
Andainas Rurais 

 sendeirismo

Sendeirismo

1- Ruta do Miño
Camiño que pasa polo concello da Peroxa na ruta Ourense-Os Peares. Caracterízase pola súa facilidade en canto ó recorrido para os camiñantes e pola vistosidade do seu trazado, que concorre entre a vía férrea e a beira do río Miño. Recorrido de 8 km.


2 - Ruta do Río Bubal
De gran interese paisaxístico. Seguindo a marxe dereita do río hasta Besteiros podemos descubrir a espectacular beleza dun río de alta montaña. Dous kilómetros antes de chegar a Besteiros podemos desviarnos ó pazo de Turbisquedo. Recorrido de 6 km.


3 - Ruta Turbisquedo-As Paraxas-Castelo da Peroxa-Gulfariz.
Une o pazo de Turbisquedo co Miño descubrindo no traxecto, a casa de turismo rural "As Paraxas", o museo etnográfico da Peroxa e o castelo co seu espacio natural protexido entre outras curiosidades de gran interese. Nexo de unión coa Ruta do Miño. Recorrido: 7 km.

 (Ver máis fotos sendeirismo)

 

 sendeirismo

 
Xornadas de Aventura

 aventura

A Peroxa constitúese polo seu marco natural, como o lugar idóneo para disfrutar da natureza en todo o seu esplendor. A súa paisaxe e variada orografía fai de este concello o soño de todo aventureiro. Con este fin, a empresa Galitur Sport elexiu este concello como escenario dunha variada gama de deportes de aventura que farán as delicias de calquera.

Escalada, puenting, paint-ball ou barranquismo son algunhas das ofertas que se poden realizarse baixo un paraxe inolvidable. Por outra parte, castros e outros vestixios arqueolóxicos evocan dende antaño a presencia dos primeiros poboadores na Peroxa.

 

 aventura

 
Piscinas

 piscina

O Concello ten a disposición de os seus veciños e visistantes unhas piscina o caron da casa Consistorial.

A apertura das Piscinas municipais faixe no mes de xuño.

(ver máis fotos piscinas)

  
Ruta Gastronómica 

 carne richada

 Pode incluir o noso Concello dentro da súa axenda gastronómica. Neste concello a Parte da sua tradicionais feiras , onde podes degustar o polvo, o pan e o viño da rexión, ademais xa pusue unha festa culinaria que ten como o seu prato estrela a Carne o caldeiro de Vitela. Non debes perdertela

96539222carne ó caldeiro