Que ver na Peroxa:
A Peroxa constitúe un marco incomparable para contempla-la natureza; así o demostran os múltiples miradoiros dispersos ó longo do municipio. A beleza do seu entorno e a súa variedade paisaxística permiten ó espectador gozar da natureza dun xeito moi especial. Boa proba marco é o Canón do Sil, probablemente a paisaxe máis emblemática da Ribeira Sacra, ademais da profunda garganta onde se encaixa o Río Miño. Por outra banda, castros e diversos vestixios arqueolóxicos evocan a presenza dos primeiros poboadores na Peroxa. Posteriormente, a construción da vía romana Aquas Flavias-Lucus, que pasaba preto do concello, posibilitaron a formación de novos núcleos de poboación que foron expandíndose ó longo das diferentes épocas. Como testemuña, cruceiros, igrexas, pazos e petos de ánimas permanecen no tempo recordando, ós ollos de quen os mira, que cada un deles conta e garda un pouco da vida e historia deste municipio. |
O Castelo | |
Castros | ||
Cruceiros | ||
Pazos | ||
Petos de ánimas |
||
Muiños | ||
Hórreos | ||
Fornos | ||
Adegas | ||
Igrexas | ||