Joomfish System Plugin not enabled

CasteloO Castelo:

 Situado moi cerca do pobo da Peroxa, en un dos mais belos panoramas da provincia de Ourense, se consérvanse as ruinas dun castelo medieval que foi, durante séculos, cabeza de xurisdicción e capital do estado de Temes.

O seu estado actual non deixa de ser un tanto irónico. Logrando mantenerse en pe frente ós númerosos ataques que sufriu nos seus mil largos anos de historia, este castelo fortaleza destrúese no século XX utilizando as súas pedras para a construcción da Igrexa da Peroxa.

En principio había un castro no que se asentaron os primeiros poboadores que, seguindo o curso do río Miño, remontaron o río en busca dun lugar idóneo para edificar a suas casas. Durante a dominación romana numerosas familias chegaron á península instalándose nestos lugares privilexiados.

Ó redor do ano 793, e debido ás continuas incursións dos musulmáns en Galicia; unha daquelas familias, en concreto a familia Temes, ordena a construcción do castelo como defensa para a súas terras que abarcaban unha grande extensión. Gracias ademáis a súa situación estratéxica, se convértese en capital do condado, lugar de administración e centro de defensa.

Uns dos asedios máis crueis foi cometido por Abd al-Karim quen logrou toma_lo castelo. Conta a lenda que os moros saían por un pasadizo secreto a buscar xente ó val e levala. Nesta contenda, os cristiáns contaron co Apóstol Santiago, quen voou co seu cabalo dende o monte que hay enfrente, onde deixou as pegadas da sua ferradura sobre unhas penas (mirador dos cabaleiros) destruíndo o castelo.Castelo

No ano 1466 son arrasados máis de 130 castelos polo exercito dos Hirmandiños, xentes fartas de opresión, que ven nestas edificacións o reflexo da súa situación. A fortaleza da Peroxa é unha das poucas edificacións que se salva da súa furia arrasadora. O castelo pasa, poco despois, a mans dos Condes de Ribadavia convirtíndose en cabeza de xurisdicción territorial por ser os Reis Católicos quenes crearon o Condado. Serán os Sarmiento, antigos amos da Peroxa, os seus novos condes. Estos traían como escudo de armas trece Roeles Roxos sobre Campo de Ouro, escudo que non só figura encima do retablo maior da Igrexa de Graíces, senon que ademáis convértese no emblema do actual escudo do Concello da Peroxa.

Despois da desamortización, o castelo albergou durante algún tempo a Casa Consistorial da Peroxa, e alrededor del, viñeron celebrándose as feiras. No ano 1920 D Artemio Fernández Quintela adquire o castelo e, posteriormente, vende a pedra da Torre do Homenaxe por tres euros, para a construcción da actual Igrexa da Peroxa.

Para gratitude de moitos, nos últimos tempos as autoridades souperon ver e valorar a importancia e riqueza cultural que representa o castelo, sobre o que se levaron a cabo varias labores de reconstrucción.
Outros castelos : Castelo ou Fortaleza de Fontearcada (monumento histórico artístico) e o Castelo de Cinconogueiras (monumento histórico artístico), de 1750.

Castelo Castelo Castelo