Joomfish System Plugin not enabled
 
FEIRA DA PEROXA

 Este evento é coñecido a nivel rexional pola sua Carne O´Caldeiro de Vitela, prato elaborado de igual forma que fai centos de anos, facendo que o seu sabor sexa apreciado por toda aquela persoa que ten a sorte de probala. É un dos pratos máis sabrosos e típicos de Galicia, pero de unha maneira moi especial na zona da Peroxa.

A feira celébrase os días 13 e 27 de cada mes na capitalidade do Concello. Cando coinciden a domingo, pásanse o sábado anterior.

Na súa orixe era co que se obsequiaban a todos aqueles mercantes que se acercaban ó castelo, lugar onde se celebraba a feira, para realizar as súas transaccións.

 Carne o caldeiro
Hoxe en día convertiuse nun lugar de reunión e confraternidade, onde comer un bo prato de carne acompañado da súa ración de pulpo á feira e súa copa de licor característica tamén destas terras.

Históricamente esta tradición celebrábase nos aledaños do castelo da Peroxa, onde dende primeira hora da mañá chegaba a xente co seus productos, entre eles os terneiros dun peso inferior a 150 kg que sacrificaban e despezaban á vista de todos procedendo á elaboración de tan rico manxar.

Esta tradición séguese mantendo nas súas características máis importantes, sendo hoxe en día a feira máis importante dentro da comarca, séguense asentando os típicos mercadillos de roupa calzado e outros variados obxetos, facendo delo un importante sustento económico para a zona.

(Receta da Carne o Caldeiro de Vitela)

Romaría da Virxe da Saúde

Esta romaría congrega anualmente unhas 5000 persoas que rezan á Santa rogando a curación dos seus. Celebráse en Mirallos o terceiro domingo de setembro na ermita situada no monte de San Nicolás, onde se pode disfrutar dunha área recreativa e dunha agradable vista panorámica.

 

Romaría da Virxe de San Amparo 

Celébrase o segundo domingo de setembro , no marco dunha pequena capela no Campo do Amparo, na parroquia de Carracedo; a romería se enriquécese co seu entorno paisaxístico no que podemos contemplar numerosos carballos centenarios.  

Romaría da Virxe do Rosario 

O primeiro domingo de outubro en Vilarrubín

Romaría da Virxe das Neves

En Graíces a primeira semana de agosto .