Joomfish System Plugin not enabled

 

A Peroxa forma parte da Galicia auténtica, onde se respira de xeito especial a tradición e a cultura galegas. Situado a tan so 15 km de Ourense, a masificación e maila explotación turística non fixeron mella no municipio para goce dos veciños e visitantes.

O municipio esténdese por unha superficie duns 55 km2, divididos en catorce parroquias:

Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xes da Peroxa, A Peroxa (capitalidade do municipio), O souto, San Cibrao, Toubes e Vilarrubín.